É emocionante oír a todo o vecindario entoar como se fose unha voz soa, o que xa chamamos o noso himno: SON DE BUEU. Por se aínda non a sabedes, podedes escoitala no seguinte vídeo e aproveitar para ver fermosas imaxes desta fermosa vila, que é a nosa.
SON DE BUEU ( Comparsa Vou nun Bou)
Para fermosa esta vila
non che hai outra coma ela
que velas as súas parroquias
Bueu, Beluso e máis Cela.
Bueu, Beluso e máis Cela
danlle cariños ó mar
para fermosa esta vila
dende Bon a Lapaman.
Por coñecer a súa xente
o nacer valeu a pena
o nacer valeu a pena
o nacer valeu a pena
Andar polas súas rúas
percorrer os seus camiños
alegran a miña alma
o Bispo cos seus muíños.
O Bispo cos seus muíños
o monte do Liboreiro
andar polas súas rúas
e o millo corvo de Meiro
E anque teña que marchar
eu voltarei a esta terra
eu voltarei a esta terra
eu voltarei a esta terra
O branco das súas praias
o verde das arboledas
realzan o azul do mar
as dornas coas súas velas
As dornas coas súas velas
riqueza da nosa ría
o branco das súas praias
e o sol por riba da Illa
Ponme aquí un Tinta Femia
aquí estarei, ¡Viva Bueu!
aquí estarei, ¡Viva Bueu!
aquí estarei, ¡Viva
Bueu!"
No hay comentarios:
Publicar un comentario