10/3/20

8 DE MARZO: HOMENAXE ÁS MULLERES DAS CONSERVEIRAS

Como vén sendo tradional, os días que prececen ou que seguen ao 8 de marzo, nas aulas do noso colexio, trabállase dunha forma máis sistemática a figura da muller dende todos os ámbitos. 
Nesta publicación queriamos salientar o traballo realizado polo alumnado de cuarto, que tras levar a cabo un proxecto sobre actividades produtivas, fixeron especial fincapé nas mulleres que traballaron nas conserveiras durante o século pasado, e máis concretamente na fábrica de Massó.
Froito do seu traballo de investigación foi unha exposición de fotos onde aparecen  tías, avoas, bisavoas ou veciñas desta rapazada.
No seguinte vídeo poderedes gozar destas imaxes. Sabede que toda a comunidades escolar está convidada a vir a vela.


Este mesmo alumnado recibiu a visita de avoas e bisavoas nas instalacións do noso cole. Se clicades nas imaxes poderedes acceder ás publicacións que se fixeron no blog de A Pedra:

Dende estas páxinas volver agradecer a Patri, mestra de prácticas no noso centro, a dinamización deste fantástico proxecto, que non so serviu como recoñecemento do traballo destas mulleres, senón para que estes nenos e nenas coñeceran como eran as condicións de traballo no pasado, que souberan de primeira man as inxustizas que sufriron e sobre todo para que se sentiran orgullosas e orgullosos de descender de mulleres tan bravas e valentes.  
MOI BO TRABALLO!


No hay comentarios:

Publicar un comentario