A espectación era grande despois da revolución da gravación no noso colexio.
Orgullo e agradecemento é o que queremos transmitir a todos e a todas por compartir con nós esas fotos e contarnos esas fermosas historias e por facelo, de xeito maxistral, na nosa lingua.
Se premendes na seguinte imaxe poderedes entrar na web da TVG e ver o capítulo integramente:
Todo o alumnado esperaba ver na pantalla a súa imaxe e escoitar a súa historia. Moitos foron os marmurios de aprobación cando ese momento chegou.
Porén houbo gravacións que non puideron proxectarse por diversos motivos. A todos eses nenos e nenas que non puideron verse ese día queremos mandarlle, dende estas páxinas, o noso cariño, recoñecemento e ánimo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario