En que cole se celebra a festa de aniversario do noso famoso polbiño?
Pois claro ... Só no colexio "A Pedra".
Os días previos á celebración, recibimos unha invitación para acudir a súa festa.
O alumnado de infantil e os de primeiro e segundo de primaria, asistimos o martes 24. A profe Lina recibiunos na biblioteca e alí con Papirus, escoitamos un saboroso conto, no que algún e algunha de nós participamos activamente.
(Preme nesta imaxe para enlazar co blog do bibliocastelo)
O mellor, aínda estaba por vir!
Por sorpresa fomos ao comedor do colexio e a lí estaba esperándonos un fastuoso "CONVITE" con froitas e chocolate.
ESTABAN DELICIOSAS!
Aos nenos e nenas de quinto e sexto tocounos o xoves 26.
Primeiro asistimos á charla que nos dou, Gonzalo Villanueva Peixoto. Gonzalo é o tío de Iria, alumna de 4ºB do noso colexio. Leva 17 anos traballando, co ngran éxito nun restaurante en New York. Explicounos todo o que se tivo que esforzar para acadar os eu soños.
GONZALO, UN CHEF BUENENSE EN NEW YORK!
(Preme nesta imaxe para enlazar co blog do bibliocastelo)
Foi moi amable ao contestar con moita paciencia a todas as preguntas que lle fixemos. Dende este blog queremos darlle AS GRAZAS e mostrarle o noso orgullo de que un veciño da nosa vila teña chegado tan lonxe.
Foi a quenda logo da degustación de froitas con chocolate.
MENUDO BANQUETE!
No hay comentarios:
Publicar un comentario