RECREOS DE CONTOS
O alumnado de sexto de primaria, ademais de servir de axuda no empréstito e devolución de libros, aproveitan os recreos para lerlle aos máis pequenos contos.
As veces fan incluso unha pequena representación!
Podedes complementar a información, enlazando co blog do bibliocastelo premendo aquí
21 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA
Este ano tivemos a sorte de recibir a visita do alumnado de de 2º de ESO do veciño instituto. Á hora de ler, o noso centro encheuse de adolescentes, que se repartiron nas distintas aulas para ler ou recitar algunha das poesías que previamente preparan.
Agradecerlle ao alumnado e ao profesorado por teren preparado unha actividade tan agradable. Foi un pracer volver ver a estes mozos e mozas outra vez polo cole.
Para saber máis sobre este evento, podedes enlazar co blog da biblioteca premendo aquí.
EXPRESARTE
Como xa informaramos, o alumnado de 5º e 6º gravaron unhas curtas de cine coa temática da igualdade de xénero. Só nos faltaba a estrea. e... como non? esta tivo lugar o 8 de marzo, día da mulller traballladora, no Centro Social do Mar.
Foi un exitazo! Dende aquí darlle os nosos orgulosos parabéns ao alumnado e profesorado polo traballo tan realizado. ARTISTAZOS E ARTISTAZAS!
Igualmente para saber máis sobre este acontecemento, podedes enlazar co blog da biblioteca do noso cole. So tes que premer aquí.
VISITA DO ALUMNADO DE 4º AO CENTRO DE PÁRKINSON
O alumnado de 4º traballou este trimestre nun proxecto sobre saúde e enfermidades. Aproveitando que na nosa vila hai unha asociación de enfermos e enfermas de parkinson, estes rapaces e rapazas foron visitalos. Foi unha experiencia inesquecible na que primeiro charlaron sobre distintos aspectos e despois realizaron actividades físicas cos maiores.
Máis información sobre este tema enlazando co blog de terceiro e cuarto do noso centro, premendo aquí.
VISITA AO COMPOSTEIRO
O alumnado de terceiro, cuarto e sexto do noso colexio, visitou o pasado 6 de abril, as instalacións do composteiro que o concello de Bueu, instalou nos Xardíns, Urbano Lugrís.
Alí os esperaba o mestre composteiro que lle lembrou en primeiro lugar a importancia da reciclaxe dos residuos orgánicos e despois explicoulles como era o proceso.
No blog de terceiro e cuarto do noso cole poderás obter máis información sobre esta instrutiva visita. Preme aquí para enlazar.
OBRADOIRO DE ALFOMBRAS FLORAIS.
Membros da asociación de alfombristas da nosa vila, acudiron ao noso cole o pasado venres 7 de abril.
Foi unha forma moi especial de despedir o cole antes das vacacións para o alumnado de quinto e sexto. Primeiro tiveron unha charla explicativa a cargo de Rafa:
Pero despois chegou o mellor!
ELABORACIÓN DAS ALFOMBRAS!!!
O venres 21 de abril, será a quenda do alumnado e terceiro e cuarto. Segurísimo que se vai converter na mellor forma de reanudar as clases despois das vacacións.
Agradecerlle dende este blog, o esforzo dos membros da asociación que dun xeito totalmente desinteresado axudan a manter esta tradición tan fondamente arraigada en Bueu.
Máis información sobre esta actividadade premendo aquí, para enlazar co blog do Bibliocastelo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario