Esta bonita POSTAL COOPERATIVA preside este Nadal, a entrada do noso cole. Todas as aulas deixaron a súa pegada colocando o adorno, que unha gran cámara de cine proxectaba, sobre un fondo amarelo. No centro do mural o lema elixido:
O NADAL!
En INFANTIL, ademais de adornar a clase e cantar panxoliñas faise a postal que posteriormente envían as casas. É bonito vela rematada pero mellor é ver como estes pequenos e pequenas a elaboran:
Podemos afirmar que o momento máis emocionante foi a chegada das SÚAS MAXESTADES OS REIS MAGOS DE ORIENTE!
En PRIMARIA, o último día de cole dedicámolo a facer os OBRADOIROS DE NADAL. Este ano, Como non? xiraron en torno ao CINE
Empecemos botándolle unha ollada ao alumnado de primeiro e segundo:
Agora é o turno de terceiro e cuarto:
E por último os maiores do centro: quinto e sexto:
Por último agradecer ao AMPA, que se preocupasen de que MELCHOR, GASPAR E BALTASAR, viñeran tamén visitar ao alumnado de primaria. os Reis agasalláronnos cunha bolsa de chuches, e nós moi xentilmente agradecémolo cantando dúas fermosas panxoliñas. Debemos engadir, que cantamos mellor que nunca grazas a que fomos acompañados polas guitarras da profe Marta, da nosa gran amiga Loli, e das alumnas de sexto, Carmen, Nuria e Paula.
No hay comentarios:
Publicar un comentario