O vestíbulo do
noso cole está dende hai algúns días invadido de fotos de avoas, bisavoas e ata tataravoas,
de moitos dos nosos alumnos e alumnas.
Esta exposición
fotográfica trata de render unha merecida homenaxe a esas mulleres que co seu
tesón e esforzo acadaron o que esta vila de Bueu é hoxe en
día. Elas foron: nais, na maioría das veces de familias moi numerosas, amas de casa e tamén costureiras, obreiras das fábricas conserveiras, traballadoras do campo,
mestras, …É Bueu terra mariñeira, e moitos homes tiñan que navegar en mares lonxanos pasando
longas tempadas fóra do fogar. Foron, polo tanto, estas mulleres as que tomaron as rendas do fogar.
Non son todas
pero é bonita unha bonita mostra!
As portas do centro están abertas para que todo o que queira para gozar destas tenras imaxes.
As portas do centro están abertas para que todo o que queira para gozar destas tenras imaxes.
Así mesmo nesta presentación podedes ir botándolle unha ollada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario