31/1/16

VIVINDO A PAZ

No noso colexio levamos todo o mes medio tolos. 
Todo comezou un día á volta de vacacións de Nadal, cando atopamos, sen previo aviso, unha CAIXA VERDE medio escondida nas nosas aulas. Cando as nosas mestras e mestres a abriron comprobaron, con abraio, que dentro había unha carta, COMO NON! de PAPIRUS. Nela, o noso benquerido polbiño, falábanos dun HOMIÑO DE PAPEL, que conocera no espazo, e que estaba completamente en branco. Este homiño necesitaba a nosa axuda para encherse de palabras bonitas e de novas que falaran de solidariedade, de amor e de boas accións humanitarias. A cambio deixaríanos ver o que había dentro da caixa e que era, sen lugar a dúbida O MÁIS IMPORTANTE DOS TESOUROS DO MUNDO.
Mirade as caras que poñiamos cando fomos velo:



Despois desta fermosa sorpresa puxémonos mans á obra. Todos trouxemos das nosas casa noticias que atopamos nos xornais,  e despois na aula procedemos a seleccionalas e reelaboralas.

                          

Finalmente todo o alumnado do centro foi pegar as súas boas novas no mural da entrada do cole. Este foi o resultado.
Algunhas das novas que se poden ler:










O pasado venres  celebramos O DÍA DA PAZ . O patio encheuse  con todo alumnado de Infantil e Primaria, así como con todo o profesorado das dúas etapas. ERAMOS BEN DELES!



Cantamos todos xuntos, primeiro "O baile da paz de Mamá Cabra", e logo "Kids Peace Song" que previamnete foran ensaiadas nas aulas.
Algúns de nós lemos para que todos poideran escoitar esas boas novas, que son, de verdade un fiíño de ESPERANZA,  e que nos dan un pulo para crer que vivimos rodeados de boa xente e que medraremos nun mundo cada vez mellor.





.

No hay comentarios:

Publicar un comentario