Xa é oficial!
Este ano o proxecto do Bibliocastelo
xirará en torno ao espazo.
E... como o Samaín é tempo de conxuros , os
deste ano tiñan que encherse de verbas como galaxia, planetas, estrelas, soles , lúas. Satélites,
cometas, foguetes, buratos negros... a lista é interminable. Convertéronse logo en conxuros cósmicos. O gran mural da entrada serviu como lugar
para que todas as aulas os colocásemos . Este foi o resultado:
1ºA
Un anaco de
Venus,
unhas bágoas de
Plutón,
uns berros de
Xúpiter
é de Saturno os
seus risos ben chillóns.
1ºB
Meigas de Marte,
Meigas de Plutón,
mándovos raios
de sol
para que
cantedes
a nosa canción
a todo pulmón. .
2ºA
Foguete, vía
láctea, Venus,
Terra, Ceres,
Aurora boreal,
Plutón,
Mercurio, Marte,
Urano, Lúa,
Saturno e Sol
converte aos
nenos e nenas da Pedra
en meigas, meigos e vampiros espaciais
2ºB
Man de
extraterrestre,
pólvora de
cometa,
rocha luar,
anacos de
planetas,
un burato negro,
pelo de
marciano,
unha presada de
Lúa,
tres raios do
sol,
aceiro de nave
espacial.
Con este conxuro
de Urano
converteraste en
humano.
3ºA
Estrelas
fedorentas,
terroríficos
cometas,
que todos os
planetas
se convertan en
bolboretas.
3ºB
Landras e
centeas,
ratas, ogros e
cabuxas,
Chispirín,
chispirán,
as doce bruxas
virán
polo espazo
sideral
4ºA
Sangue de
morcego do espazo sideral
cranio de lobo extraterrestre
espíritos de
marcianos macabros
esqueletos de
zombis intergalácticos
mesturados todos
nos negros buratos
que as nenas e
os nenos deste colexio
se convertan en
repugnantes ratos.
4ºB
Aneis de
Saturno,
cráteres da Lúa,
cola de Halley,
tormentas de po
de Marte,
xigantescas
nubes de Venus,
gran mancha
vermella de Xúpiter,
CONVERTEDE A
MIÑA BICICLETA
NUN ASTEROIDE
QUE ME PERMITA
VIAXAR POLO
UNIVERSO INFINITO
E COÑECER TODAS
5ºA
Peido podre de
mofeta con diarrea
para botar as
bruxas fóra do noso planeta.
Anca de
sapo,moco de crocodilo,
subo ao espazo
con moito sixilo,
porque o conxuro
cósmico do Samaín
Vai surtir
efectos máxicos sen fin!
5ºB
Bruxas, curuxas,
demos e ratos,
eu vos condeno a
vagar polo espazo
ata Saturno
entre aneis flotando,
castigados sen
Samaín por serdes malos.
6ºA
Planetas,
estrelas, lúa, sol,
con isto
iniciamos un conxuro de terror.
Ollo de
extraterrestre,
mexo de can
cósmico,
crista de galo
estelar,
excremento de
pato mareado.
moco de ra neptuniana.
Planetas,
estrelas, lúa, sol,
así remata a
nosa poción.
Le este conxuro para o samaín máis escuro
6ºB
Anacos de
asteroide
uns raios de sol
un anel de
Saturno
e un cometa
veloz.
Aprender sen
estudar
e non ter que
madrugar.
Que se cumpra
este conxuro,
portareime ben seguro
E como cada ano, a entrada do noso cole volveu estar ocupada por terroríficas cabazas de Samaín, transformadas nos diferentes astros do cosmos.
IMPRESIONANTES!!!!!
Moitas grazas a todas as mamás e papás, e aos avós e avoas que sabemos, de certo, que participaron tamén activamente na elaboración. Deron traballiño, o sabemos, pero os momentos vividos en familia e o resultado final... valeron a pena.
A que si?
No hay comentarios:
Publicar un comentario