Polo San Martiño ademais de "sacar os trompos ao camiño", no cole adoitamos celebrar o Magosto cunha boa degustación de castañas asadas. A verdade é que estaban boísimas! , aínda que por mor da choiva nos quedamos sen poder gozar dos xogos populares que tiñamos preparados para completar a festa.
Así e todo os nenos/as do 3º ciclo tiveron un obradoiro musical no que coñeceron un pouco máis dese instrumento que tanto nos caracteriza, a gaita. Dito obaradoiro estivo a cargo de dous membros da asociación cultural Retrouso de Cela, que moi amablemente se achegaron ao cole para compartir co nós os seus coñecementos.
Lembramos que esta asociación ven de editar un traballo discográfico que recolle cantigas populares da zona, e que leva por título ELELELOS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario