Baixo o lema: GALEGO, O PASO ADIANTE que fai referencia ao poema PENÉLOPE de Xosé Mª Díaz Castro, quixemos facer fincapé no galego como unha lingua que avanza, que está viva, coa que nos expresamos en calquera momento e lugar.
Ademais tamén luciron bonitos prendedores con diferentes deseños pero cunha mensaxe comú : "PRÉNDETE AO GALEGO", coma un xeito de convidar a todo o mundo a compartir a nosa fala en calquera lugar ou ocasión.
Por outra banda os máis pequenos estiveron entretidos xogando nos obradoiros de xogos populares ,nos que colaboraron igual que o ano pasado os membros da asociación Corredoiras de Bueu. Ademais da Pita Cega o Pica Parede ou a Ra tamén practicaron a súas habilidades con outros xogos tradicionais elaborados de maneira artesanal nos que tiñan que ensartar aneis ou tirar pezas,coma o xogo da campá, ou o caldeiro e a leiteira entre outros.
Ao remate da marcha varios alumnos e alumnas do IES Rodeira e Johan Carballeira leron un manifesto, elaborado polo alumnado de 3º da ESO do IES Isaac Díaz Pardo de Sada. e que resultou gañador na edición 2014 do Concurso de Manifestos.
A continuación o alumnado do Obradoiro Musicasbarxas do IES As Barxas defenderon o galego a ritmo de rap "A LINGUA QUE TRABA".
Todo isto foi presentado pola estupenda actriz Isabel Risco que nos deu a benvida cunha enerxía e vitalidade incribles.
E como colofón final a actuación de Pablo Díaz e a súa banda que veu animar coa música do seu novo disco Toc-Toc.
Foi un día de celebración no que todos puidemos xogar e divertirnos bailando e cantando EN GALEGO.
Atoparedes máis información con videos dos nosos nenos nas seguintes ligazóns:
No hay comentarios:
Publicar un comentario