Nos diferentes ciclos estiveron lendo varios libros para reflexionar sobre esta problemática que por desgraza está tan presente na actualidade.Algúns títulos foron: "Os bonobos con lentes", "Rosa caramelo","Arthur e Clementina"..., cos que traballaron o dereito á igualdade.
Ademais os nenos de 3º ciclo participaron no concurso de cartaces convocado polo CIM. Este ano houbo tres alumnas que resultaron premiadas polo seu traballo:
CARLA ALFAYA PORTELA 5ºA (1ºpremio de primaria)
MARÍA BROCOS JUNCAL 6º A (mención especial)
ICÍA ESCRIBANO CABALEIRO 6ºB ( mención especial)
O día 25 acudiron ao Concello a un acto institucional presidido pola corporación municipal para recoller o seu agasallo .Compartiron así a xornada cos outros participantes gozando dunha representación que levaron a cabo os alumnos do IES Johan Carballeira sobre unha princesa maltrarada.
Estes foron os traballos premiados.
Atoparedes máis información nas seguintes ligazóns:
No hay comentarios:
Publicar un comentario