O vindeiro mércores 27 de marzo celébrase o día internacional do teatro.O ano pasado cumpríronse cincuenta anos dende que o Instituto Internacional do Teatro da UNESCO (ITI) instaurou esta data ,un dos actos máis representativos é a difusión dunha mensaxe escrita por unha personalidade de prestixio do mundo teatral.Para esa ocasión especial o elixido foi o actor John Malkovich.Este ano está aínda por derterminar.
No colexio da Pedra quixemos poñer o noso granciño de area para conmemorar esta data, así os nenos de 1º foron actores e actrices que souberon expresar moitas emocións e sentimentos mentras pousaban para unha foto.
O resultado podedes velo no mural da entrada, son uns auténticos artistas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario