Mirade cantas cousas se nos ocurriron para protexer este ben tan preciado.
30/1/13
30 de xaneiro 2013
Hoxe 30 de xaneiro, conmemoramos o día da Paz.Xuntámonos todos no patio, desde Infantil ata o 3º ciclo, para ler todas as reflexión que fixemos durante a semana, e que nos serviron para elaborar o mural baixo o lema "COMO PROTEXER A PAZ".Logo cantamos as cancións que tiñamos aprendidas :"ONE DAY" e "O MUNDO É GRANDE".Como remate, soltamos unha pomba , que como tamén estivemos recordando é o símbolo da Paz.Compartimos un momento agradable , no que todos fomos un pouco máis conscientes do que significa vivir en PAZ.
Mirade cantas cousas se nos ocurriron para protexer este ben tan preciado.
Mirade cantas cousas se nos ocurriron para protexer este ben tan preciado.
27/1/13
FINA CASALDERREY NA RAG
Dende este blog queremos sumarnos a difundir a boa nova , e felicitar a Fina Casalderrey polo seu nomeamento como membro honorario da RAG (Real Academia Galega).
Parabéns Fina !
http://redelectura.blogspot.com.es/2013/01/unha-escritora-de-lix-na-academia.html#!/2013/01/unha-escritora-de-lix-na-academia.html
Parabéns Fina !
http://redelectura.blogspot.com.es/2013/01/unha-escritora-de-lix-na-academia.html#!/2013/01/unha-escritora-de-lix-na-academia.html
17/1/13
EDUGA
Acaba de saír o volume 64 (xullo-decembro 2012) da Revista Galega do Ensino .Éste recolle, nas súas diferentes seccións, experiencias innovadoras e de investigación que, seguro, resultarán de interese para a comunidade educativa.
Ademais, na sección Cartafol, incorpóranse artigos informativos sobre distintas actuacións que a Consellería vén desenvolvendo no ámbito da formación profesional e da formación do profesorado.
O novo formato web ofrece novas posibilidades, (incorporación de vídeos, presentacións en Power Point, slideshare,...) que achegarán dinamismo e axilidade á revista contribuíndo deste xeito a facer máis atractiva a súa consulta.
Preme na seguinte ligazón:
http://www.edu.xunta.es/eduga/
Preme na seguinte ligazón:
http://www.edu.xunta.es/eduga/
16/1/13
UNHA CANCIÓN POLA PAZ
Para conmemorar o día da Paz , imos escoitar e cantar esta canción de Mamá Cabra que ten por título "O MUNDO É GRANDE". Como xa veredes fala das moitas diferenzas entre todas as persoas do mundo, diferenzas enriquecedoras ,pero toda esa diversidade ten en común o fundamental do ser humano a nosa capacidade de soñar e de amar.
Podedes escoitar a canción nesta ligazón.
http://mamacabra.wordpress.com/cancions-para-baixar/
Mirade que video tan estupendo fixeron en Infantil no cole da Pedra.
Podedes escoitar a canción nesta ligazón.
http://mamacabra.wordpress.com/cancions-para-baixar/
Mirade que video tan estupendo fixeron en Infantil no cole da Pedra.
DEFENDENDO A PAZ
Rematada a II Guerra Mundial en 1945 xorden diversos movementos socioculturais en prol da Paz.Era preciso buscar un xeito de protexela. Así nese mesmo ano fundouse a ONU (Organización das Nacións Unidas) , cuxo obxectivo máis importante era buscar solucións pacíficas a través do diálogo ante calquera tipo de conflito.
Dentro da estrutura desta organización creóuse en 1946 a fundación UNICEF, destinada a socorrer aos nenos/as que sufriran os efectos da guerra. Sesenta anos despois o seu labor segue vixente en todo o mundo defendendo os dereitos da infancia.
No ano 1949 tivo lugar en París un Congreso organizado polo Movemento Mundial de Partisáns pola Paz (integrado por varias correntes: Partido Comunista, asociacións cristiáns, e libre pensadores)
Daquela Pablo Picasso recibiu o encargo de deseñar un cartaz para simbolizar este movemento.O pintor malagueño creou para a ocasión a imaxe dunha pomba, que hoxe e en día identificamos como icona da Paz.
Ao longo da súa vida Picasso debuxou diferentes pombas da Paz que constitúen unha serie, aquí podedes ver algunhas delas.

14/1/13
LETRA MIÚDA
A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística ven de estrear unha nova publicación "LETRA MIÚDA". Esta é unha unha revista dixital orientada especialmente para o profesorado dos centros de ensino non universitario de Galicia, para facilitar a autoformación en aspectos de sociolingüística básica aplicada ao ensino.
A través dos seus artigos tratará de achegar información e datos imprescindibles en materia
sociolingüística para os/as docentes que traballan nese ámbito e axudarlles no deseño de modelos de intervención encamiñados á normalización do galego no ámbito educativo.Tamén , conta cun apartado de "Recomendacións" que se vai ir enchendo, artigos xa publicados que se poden consultar na rede, recensións de publicacións básicas e ligazóns de interese, todo relacionado co ámbito mencionado.
Podedes consultala na seguinte ligazón.
http://coordinadoraendl.org/aletramiuda/index.php

Suscribirse a:
Entradas (Atom)