Está composta por libros de textos teatrais tanto en galego como en castelán, outros de carácter didáctico e tamén cadernos e revistas. Case todos pertencen ao Fondo Teatral María Casares, que se consolidou grazas á Revista Galega de Teatro e ao seu director Antón Lamapereira. Actualmente está ubicado na Biblioteca Pública de Cangas
Os obxectivos fundamentais da exposición son , por un lado dar a coñecer os materiais do Fondo a toda a comunidade educativa e por outro impulsar a práctica teatral na escola como recurso interdisciplinar, para fomentar aspectos como a expresión oral e corporal, a socialización, a creatividade , o compromiso e o traballo de grupo entre outros.
A partir de xaneiro a exposición trasladarase a outros colexios que estean interesados en coñecela e aproveitala a través dunha serie de actividades propostas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario