29/9/12
UN SAÚDO
Este blog comeza a súa andaina neste curso 2012-2013 con moita ilusión. Ilusión e ganas de "enredar" coas particularidades da nosa lingua , a pesares dos momentos difíciles e dos ventos en contra.
ENREDAR no sentido máis lúdico desta fermosa palabra, sendo o que máis lles gusta facer aos nenos , e que resulta ser a mellor maneira de aprender.
Pretende ser un espazo na REDE para compartir experiencias, inquedanzas e propostas sobre temas de interese. Deste xeito queremos aportar un granciño máis de area para axudar a que o Galego estea presente con máis forza nesta era dixital que nos toca vivir.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario