As instalacións
do colexio A Pedra, enchéronse estes días de cámaras e focos da TVG.
O equipo do
programa de televisión Anacos da vida, viñeron a noso cole para que fose a
rapazada, a través de fotos antigas, quen contase esas hstorias que fixeron que
Bueu sexa hoxe a vila que é.
Gravaron cos
pequenos e pequenas dentro do colexio e tamén nos lugares máis emblemáticos da
localidade, Peirao, Cruz de Ermelo, Pescadoira, … .
O pasado venres
un autobús dos anos cincuenta meteuse nas instalación exteriores do cole e alí
continuaron a filmación.
Estamos desexando
ver o produto final pero non poderá ser ata finais deste ano. Dende estas
páxinas informaremos de novo sobre dita proxección.
Para saber máis sobre este evento clicade no seguinte enlace: