25/6/18

FESTIVAIS DE FIN DE CURSO

O noso colexio ten demasiado alumnado para poder facer un só festival. Xa nos vos contamos nada, se por riba  queremos invitar as familias a ver o espectáculo. Non hai habitáculo en Bueu onde caiba tanta xente.
 Dende hai anos tomouse a decisión de facelos por separado.

Este ano os primeiros en empezar foron os maiores de sexto, o venres 15 de maio, no Centro Social do Mar.
Utilizando o fío condutor do proxecto de alimentación, o alumnado fixo varias coreografías, contaron chistes e ata realizaron un concurso de PASAPALABRA. Rosalía de Castro tamén tivo o seu momento. Foi un acto moi emotivo, porque as profes os agasallaron cun emotivo vídeo do seu paso polo colexio, dende infantil ata sexto de primaria.
Aproveitaron a ocasión para facer a graduación.







Os seguintes foron os nenos e nenas de segundo de primaria, o mércores, 20 de maio, tamén no auditorio do Centro social do Mar. Estos pequenos artistas representaron de xeito maxistral a obra de teatro
 "O RESTAURANTE  FARRUCO" de Chus Pereiro.
Non lle abondou con isto, que para rematar, fixeron unha orixinal representación, dun poema de Rosalía.
Finalizaron o acto cun vídeo das fotos da excursión que, este ano, fixeron ao Grove.
No seguinte vídeo poderedes gozar, vendo ambas actuacións:



O último día de cole,  o alumnado de cuarto despediu o curso, invitando ás familias á sala de usos múltiples do centro a ver a representación de MULLERES FAMOSAS MULLERES NOSAS.
 Como xa se informou nestas páxinas, no seu momento, esta actividade levouse a cabo en marzo o Día da Muller Traballadora,  a xeito de declaración institucional. Nesa ocasión, por problemas de aforo, non puideron asistir as familias, polo que se aproveitou o final de curso para que o puideran ver.


O último festival foi o do alumnado de E.Infantil no IES Joham Carballeira. Cantaron e coreografiaron cancións como " A PRINCESA DO COUREL", "O CANCIÑO", "O PEIXE SALMONETE", ou "O TREN"  de Andrés Dobarro.
O acto serviu, tamén, para graduar ao alumnado de 6º de E. Infantiil, que o próximo curso poboará as aulas de primeiro de primaria.




BO VERÁN!

No hay comentarios:

Publicar un comentario