Tratábase de ir a este fermoso arquipélago, en barco dende Vigo, acompañados, nin máis nin menos, que polos nosos queridísimos Bolechas. Con eles tamén viaxaron mais nenos e nenas de Vigo, Ribeira e Vilagarcía e representantes da política galega como o Conselleiro de Educación e Cultura Román Rodríguez.
Só podían ir un máximo de corenta rapaces e rapazas polo que os afortunados e afortunadas foron o alumnado de terceiro de primaria.
O día seleccionado foi o 23 de abril, así que a xornada converteuse nunha bonita forma de celebrar o día do libro.
Clicando na seguinte imaxe pódese acceder ao blog do segundo ciclo e obter máis información sobre este estupendo día: