20/12/21

GUÍAS DE LECTURA

 Xa están aquí un ano máis as Guías de Lectura coas propostas  pola coordinadora do Morrazo. Animádevos a ler en galego!




CONCURSO DE LEMAS DO NADAL

 Como cada ano a equipa de normalización organizou o concurso de lemas do Nadal, participaron máis de 180 familias, enviándonos propostas para a nosa postal colaborativa! Grazas a todas por participar, o lema gañodor foi de Diego, de 1ºA.



2/12/21

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO

MES DA CIENCIA EN GALEGO

Co gallo do  mes da ciencia aproveitamos para convidar ao colexio a antigos alumnos e alumnas que desenvolvan a súa labor profesional no eido científico, xa que, como sabedes, o proxecto da escola é "Medrando xuntos en A Pedra". 

Ademais diso houbo obradoiros, fixemos experiementos... botade unha ollada!

ALUMNADO DE PRIMEIRO VISITA A AULA DE CIENCIAS.

ALUMNADO DE SEGUNDO VISITA O LABORATORIO. 

OBRADOIRO DE ALIMENTACIÓN

VISITA DE EXALUMNAS CIENTÍFICAS

CHARLA DE EXALUMNO, TRIPULANTE NUN OCEANOGRÁFICO.

CHARLA SOBRE A COMPOSTAXE

VISITA DE EXALUMNO BIÓLOGO

EXPERIMENTO VOLCÁNS

15/11/21

Correlingua

 CORRELINGUA



No CEIP A Pedra tivemos a sorte de ser a escola convidada a estar de xeito presencial na festa do Correlingua do Morrazo que se celebrou en Bueu, os cursos de 5º e 6º de infantil e 1º e 2º de primaria estiveron representándonos bailando de festexando a nosa lingua, pero moitos máis cursos puidemos desfrutar da festa desde a escola por streaming.

1º primaria

Trasnos

Pelouros

Furabolos

SAMAÍN

 SAMAÍN EN A PEDRA


Co gallo do Samaín puidemos recuperar a nosa exposición de cabazas, as familias traballaron arreo e tivemos moitísimos calacús para expor, estaban ambientadas co proxecto deste ano "50 anos medrando en A Pedra". 

Tamén fixemos un mural colaborativo, preparamos cabazas nas aulas, disfrazámonos, tivemos merendas especiais... botade unha ollada !

Samaín 1º

Samaín 2º

Samaín 4º

Trasnos

Pelouros

Furabolos

21/6/21

VISITA DE ARTURO SÁNCHEZ

 O hiStoriador e antigo mestre da nosa escola sempre está disposto a falarlles aos rapaces dos seus amplos coñecementos sobre a vila de Bueu, este ano visitou ás aulas de terceiro de primaria e sexto de infantil.

VISITA A TERCEIRO

VISITA A SEXTO DE INFANTIL

DONA LANDRA NO RÍO REVOLTO

A rapazada de primeiro fixo este vídeo ben chulo do conto Dona Landra en Río Revolto, foron finalistas no prestixioso premio Olloboi na categoría PEQUES. Parabéns!



DONA LANDRA NO RÍO REVOLTO

MAKING OF DONA LANDRA NO RÍO REVOLTO

GALA PREMIOS OLLOBOI