30/10/20

SAMAÍN



 SAMAÍN

Este ano tamén festexamos o Samáin dun xeito diferente. Na escola estivemos a investigar sobre moitas das personaxes galegas que dan medo... e hai moitísimas. A ver se sodes quen de adiviñar que personaxes son...








29/10/20

MÁIS ANIVERSARIOS

E falando de aniversarios, hoxe é o dunha das intitucións máis importantes de Galicia, o Museo do Pobo Galego. 

Poñemos aquí un enlace, por si queredes facer unha visita virtual.

Visita virtual ao Museo do Pobo Galego.

 DÍA DAS ESCRITORAS

    O alumnado de cinco anos, realizou unha pequena investigación sobre unha autora da nosa vila, escribe uns contos superchulos, sabedes quen é?




BIBLIOCASTELO A PEDRA: DÍA DAS ESCRITORAS

BIBLIOCASTELO A PEDRA: DÍA DAS ESCRITORAS:   Ola! Sabedes que hoxe se celebra unha data moi importante? O Día das Escritoras. A data elixida é o luns máis cercano á festividade de Ter...

8/10/20

Recibimos unha mensaxe, para animarnos a falar en galego, dalguén que nos divirte moitísimo e de quen aprendemos ben de cousas! Que sorte temos nesta escola!


1/10/20

COMO SABEREDES, OS ANIVERSARIOS SON DATAS IMPORTANTÍSIMAS PARA AS NOSAS CRIANZAS. A NÓS QUEDANOS MOI POUQUIÑO PARA UNHA DAS NOSAS FESTAS FAVORITAS...O ANIVERSARIO DE PAPIRUS! ESTAMOS TRABALLANDO ARREO PARA QUE ESTE ANO TEÑA UN ANIVERSARIO DIFERENTE, PERO IGUAL DE DIVERTIDO.