Ante a proximidade da celebración da gran festa das letras galegas, queremos dende este blog ofrecer diferentes materiais ou enlaces aos que recurrir para traballar a figura do autor homenaxeado:
Manuel María.
Preme aquí na seguinte imaxe para poder acceder:
24/4/16
14/4/16
EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA: AS NOSAS MULLERES
O vestíbulo do
noso cole está dende hai algúns días invadido de fotos de avoas, bisavoas e ata tataravoas,
de moitos dos nosos alumnos e alumnas.
Esta exposición
fotográfica trata de render unha merecida homenaxe a esas mulleres que co seu
tesón e esforzo acadaron o que esta vila de Bueu é hoxe en
día. Elas foron: nais, na maioría das veces de familias moi numerosas, amas de casa e tamén costureiras, obreiras das fábricas conserveiras, traballadoras do campo,
mestras, …É Bueu terra mariñeira, e moitos homes tiñan que navegar en mares lonxanos pasando
longas tempadas fóra do fogar. Foron, polo tanto, estas mulleres as que tomaron as rendas do fogar.
Non son todas
pero é bonita unha bonita mostra!
As portas do centro están abertas para que todo o que queira para gozar destas tenras imaxes.
As portas do centro están abertas para que todo o que queira para gozar destas tenras imaxes.
Así mesmo nesta presentación podedes ir botándolle unha ollada.
10/4/16
NÓS TAMÉN CREAMOS
O alumnado de 5º de E. Infantil dirixidas polas súas intrépidas profes, María e Cris, estanse convertimdo en auténticos realizadores dunha curtametraxe de animación.
Si, si así como o ledes. Participan no certame "Nós tamén creamos", convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. Este certame ten por obxectivo promover unha imaxe positiva da lingua galega e vense desenvolvendo con notable éxito dende o 2010.
Podedes saber máis sobre o traballo destes pequenos e pequenas premendo naimaxe.
Xa están dando os seus primiros pasos, como non, coa banda sonora da curta, e que foi creada e elexida polos eles mesmos:
Preme agora na seguinte imaxe:
Isto ten moi boa pinta, aque si? estaremos moi atentos a todos os avances que os nosos amigos e amigas van dando nesta aventura pola sabana.
3/4/16
XORNADAS DE CONVIVENCIA NO CEE JUAN XXIII
O alumnado de terceiro e cuarto
gozaron en sendas xornadas dunha mañá no centro ocupacional e de día para persoas
discapacitadas "Juan XXIII de Cangas"
Todo o alumnado
coincide ao afirmar que foi unha das mellores visitas da súa vida. Contan que a
súa mentalidade por completo e que agora saben que os discapacitados e
discapacitadas son quen de facer moitas cousas tan ben ou incluso mellor que eles.
Visitaron os talleres e traballaron cóbado a cóbado con eles: Carpintería,
confección de alfombras, manualidades, cociña, obradoiros de memoria,
comunicación ...
Nestes vídeos pódese comprobar o
interesante destas xornadas:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)