27/5/14

SEMANA DOS XOGOS TRADICIONAIS

Nesta última quincena de maio temos no cole unha pequena mostra dalgúns xogos tradicionais , cedidos por un tempo pola asociación Corredoiras de Bueu.
Estes son os xogos que xa puxeron a disposición dos nenos e nenas nos obradoiros de Infantil durante a celebración do Correlingua o pasado 13 de maio.
Están tendo un gran éxito , e son moitos os que se achegan na hora do recreo a poñer a proba as súas habilidades.




22/5/14

QUE SABES DE...?

Un ano máis comezamos o noso concurso QUE SABES DE...? co gallo da celebración das Letras Galegas.
O poeta homenaxeado Xosé María Díaz Castro convirtese durante varias semanas no centro da nosa atención. Así os nenos investigan e tratan de averiguar as respostas ás preguntas  sobre a súa vida que pouco a pouco van aparecendo no mural.
Entre os acertantes haberá varios agraciados que recibirán un pequeno agasallo.
 
 


 
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

21/5/14

CORRELINGUA DO MORRAZO 2014

O pasado martes 13 de maio gozamos un ano máis coa celebración da V edición do Correlingua do Morrazo. A vila de Bueu encheuse de rapazada de diversos colexios da comarca que percorreu as súas rúas cantando e amosando unha chea de palabras fermosas da nosa lingua,  pintadas nas camisetas para a ocasión.



Baixo o lema: GALEGO, O PASO ADIANTE que fai referencia ao poema PENÉLOPE de Xosé Mª Díaz Castro, quixemos facer fincapé no galego como unha lingua que avanza, que está viva, coa que nos expresamos en calquera momento e lugar.







Ademais tamén luciron bonitos prendedores con diferentes deseños pero cunha mensaxe comú : "PRÉNDETE AO GALEGO", coma un xeito de convidar a todo o mundo a compartir a nosa fala en calquera lugar ou  ocasión.


Por outra banda os máis pequenos estiveron entretidos xogando nos obradoiros de xogos populares ,nos que colaboraron igual que o ano pasado os membros da asociación Corredoiras de Bueu. Ademais da Pita Cega o Pica Parede ou a Ra tamén practicaron a súas habilidades con outros xogos tradicionais elaborados de maneira artesanal nos que tiñan que ensartar aneis ou tirar pezas,coma o xogo da campá, ou o caldeiro e a leiteira entre outros.



Ao remate da marcha varios alumnos e alumnas do IES Rodeira e Johan Carballeira leron un manifesto, elaborado polo alumnado de 3º da ESO do IES Isaac Díaz Pardo de Sada. e que resultou gañador na edición 2014 do Concurso de Manifestos.
A continuación o alumnado do Obradoiro Musicasbarxas do IES As Barxas defenderon o galego a ritmo de rap "A LINGUA QUE TRABA".
Todo isto foi presentado  pola estupenda actriz Isabel Risco que nos deu a benvida cunha enerxía e vitalidade incribles.





E como colofón final a actuación de Pablo Díaz e a súa banda que veu animar coa música do seu novo disco Toc-Toc.


Foi un día de celebración no que todos puidemos xogar e divertirnos bailando e cantando EN GALEGO.
 
Atoparedes máis información con videos dos nosos nenos nas seguintes ligazóns:
 

14/5/14

OLLOS DE AULA

Neste mes da lingua, temos un novo nº da revista Ollos de Aula. Nela faise referencia a Xosé María Díaz Castro como homenaxeado deste ano nas Letras Galegas, ademais doutros temas de interese como son as adaptacións curriculares ou o Síndrome do TDAH.
   

5/5/14

LETRAS GALEGAS 2014

Xa estamos no mes de maio , no mes no que celebramos o Día das nosas Letras. Este ano está dedicado ao poeta de Lugo, Xosé María Díaz Castro. Para coñecelo un pouco e afondar na súa vida e obra temos á nosa disposición multitude de traballos elaborados por diversos centros de ensino  e outras institucións . A CGENDL (Coordinadora Galega de Equipos de Normalización E Dinamización Lingüística) recopilou moitos deles na seguinte ligazón.
Premede na imaxe.
Letras galegas 2014
Xosé María Díaz Castro
http://coordinadoraendl.org/letras2014Tamén atoparedes máis recursos no blog das Letras Galegas que podedes ver na marxe dereita deste blog de Dinamización Lingüística.